Apoia Nós Diario
Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.
O fútbol é a única fe do país que non ten nin conversos nin apóstatas, pois, como dicía Eduardo Galeano, “unha persoa pode cambiar de parella, de partido político e mesmo de relixión, pero endexamais pode cambiar de equipo de fútbol”. Esa crenza inquebrantábel nunhas cores, xa sexan as branquiazuis do Dépor, a celeste do Celta ou a albivermella do Lugo, por destacar algunhas das principais escuadras da Galiza, son o xermolo da paixón por un deporte que viu medrar figuras de talle planetario como Luis Suárez, Amancio, Pahiño, Acuña, Fran, Míchel Salgado, Iago Aspas ou Angeliño.