VENCEU NA PENúLTIMA ETAPA

Gustavo Veloso asegura a súa vitoria na Volta

O arousán Gustavo Veloso, ciclista da W52 Quinta da Lixa, vén de facerse este sábado coa novena e penúltima etapa da Volta a Portugal. Con este resultado, o deportista, de 35 anos, é o gañador virtual da proba ciclista.

[Imaxe: RTP] Gustavo Veloso
photo_camera [Imaxe: RTP] Gustavo Veloso

Gustavo Veloso demostrou hoxe unha clara superioridade na penúltima etapa da Volta a Portugal, que rematou cun tempo de 40m41s79, menos de 25 segundos que José Gonçalves, que finalizou de segundo.

No que ten a ver cos outros galegos con opcións de podio, o ciclista da Estrada Álex Marque rematou sétimo, a 59 segundos de Veloso e o corredor moañés Delio Fernández sufriu unha avaría, polo que ficou a 2m26s do gañador.

A 77 edición da Volta remata este domingo coa décima etapa, que transcorre entre Vila Franca de Xira e Lisboa, cunha distancia de 135,2 quilómetros. A carreira de mañá suporá a consagración do ciclista galego.

Na clasificación xeral, seguen a Gustavo Veloso, Joni Brandao, o propio Álex Marque e Delio Fernández.

Comentarios