O Guardés supera Zuazo, pero O Porriño cae co Bera Bera

Sorte dispar dos equipos galegos na elite do balonmán estatal
As guerreiras da Guarda son favoritas ante o Xixón. (Foto. Atlético Guardés).
photo_camera As guerreiras da Guarda sumaron un cómodo triunfo (Foto. Atlético Guardés).

A galega Ana Peleteiro finalizou a súa participación no Campionato do Mundo de Atletismo en pista cuberta en oitava posición na modalidade de triplo salto.

A de Ribeira, única deportista da Galiza no certame atlético, non foi quen de revalidar as medallas de bronce que conseguira tanto na última edición do Mundial -disputada en 2018 na localidade inglesa de Birmingham- como nos recentes Xogos Olímpicos de Toquio.

Cun mellor salto de 14,30 metros, a lectura positiva da súa actuación está no feito de que conseguiu saltar tres veces por enriba dos 14 metros, asinando así a súa mellor marca no que vai de tempada.

A saltadora de 26 anos comezou no seu primeiro intento cuns esperanzadores 14,30 metros que rematarían por ser o seu tope nun evento disputado na capital serbia, Belgrado. Inmediatamente despois alcanzou os 14,08 metros, asinando posteriormente un nulo no terceiro salto.

Cualificada para a mellora, chegou no cuarto aos 14,25 e un novo nulo no quinto. Con toda a presión do mundo sobre os seus ombreiros, no sexto e decisivo intento tan só puido conseguir 13,60 metros, polo que remataba oitava, a 32 centímetros dun podio que fechou a xamaicana Kimberly Williams (14,62).

Moito máis lonxe quedou da súa compañeira de adestramentos, a venezolana Yulimar Rojas, que cuns estratosféricos 15,74 metros esnaquizou a súa anterior plusmarca mundial baixo teito.

Rematada a competición, Ana Peleteiro atendeu os medios, sinalando que no deporte "ás veces gáñase, e ás veces pérdese". "Eu deixeino todo sobre a pista, pero non somos máquinas e ás veces fallamos. Pasei por asuntos persoais que puideron afectarme, pero as pezas do quebracabezas non quixeron encaixar", engadiu unha atleta que xa pensa no Mundial ao aire libre, previsto para este verán.

Comentarios