Grande suceso na rede do segundo vídeo de 'O mundial fala galego'

A iniciativa posta a andar pola AGAL está a ter moito éxito nas redes sociais. A súa última peza audiovisual xa tivo máis de 2.000 visitas en Youtube. VÍDEO NO INTERIOR. 

A campaña iniciada pola AGAL con motivo do Mundial de Brasil está a ser todo un éxito. Así, cada vez máis persoas se suman á iniciativa que visa valorizar o carácter internacional da nosa lingua. Aliás, desde o proxecto veñen de lanzar a pasada semana unha segunda peza audiovisual na que, con retranca, volven a situar a lingua propia de Galiza na elite do fútbol profesional. 

Coñecidas facianas da cultura galega como Os da Ría, Carlos Quiroga, Comba Campoi, o presidente da AGAl, Miguel R. Penas e Federico Pérez, entre outros. Aliás, até fai un pequeno cameo o noso semanario en papel. 

Comentarios