SERIES MUNDIAIS DE TRíATLON

Gómez Noya finaliza cuarto en Leeds

O deportista galego, Premio Princesa de Asturias do Deporte, finalizou cuarto na súa estrea esta temporada nas Series Mundiais de tríatlon, onde defende o título do ano pasado.

Gómez Noya
photo_camera Gómez Noya nunha proba

Javier Gómez Noya, pentacampión do mundo, rematou en cuarto lugar (1h35min) a proba mundial disputada na tarde do domingo na localidade inglesa de Leeds. O galego ficou cortado na primeira parte da carreira ciclista e remontou na carreira a pé, onde asinou o mellor parcial.

Os irmáns ingleses Brownlee, nos que estaban postos todas as olladas, finalizaron nos dous primeiros postos e o australiano Aaron Royle rematou a proba –que consistiu en 1,5 km a nado, 40 km en bicicleta e 10 km de carreira a pé- en terceiro lugar.

O mellor triatleta da historia decidiu esta temporada renunciar ao Mundial para se centrar nos Xogos Olímpicos e chegar en perfectas condicións a río. Cinco veces campión do mundo, foi prata nos Xogos de Londres 2012.

Comentarios