Nin a lesión que o deixou sen os Xogos Olímpicos nin o parón conseguiron frear Gómez Noya, que se impuxo este sábado en Abu Dhabi na primeira proba das series mundiais. Trátase do décimo terceiro trunfo do triatleta ferrolán nas series mundiais.
O galego, único quíntuplo campión mundial da historia, dominou a tríatlon desde o inicio e ficou por riba do británico Thomas Bishop e do francés Vincent Luis. Fernando Alarza, afincado en Pontevedra, ficou en cuarto lugar.
A seguinte proba das series mundiais terá lugar o 8 de abril en Gold Coast (Australia).
1. Javier Gómez Noya 1:52:31
2. Thomas Bishop (GBR) a 0:14
3. Vincent Luis (FRA) a 0:37
4. Fernando Alarza (ESP) a 0:47
5. Richard Murray (RSA) a 0:54
6. Joao Pereira (POR) a 1:07
7. Gregory Billington (USA) a 1:29
8. Mario Mola (ESP) a 1:35
9. Andrea Salvisberg (SUI) a 1:49
10. Henri Schoeman (RSA) a 2:04