Tríatlon

Gómez Noya enceta con vitoria as series mundiais

O galego Javier Gómez Noya rexurdiu con forza da lesión que o deixou fóra dos Xogos Olímpicos. A súa estrea nas series mundiais de 2017 non puido ser mellor:  fíxose coa vitoria na primeira etapa e enceta o ano como líder do Campionato do Mundo.

FFerraces
photo_camera [FFerraces] Javier Gómez Noya

Nin a lesión que o deixou sen os Xogos Olímpicos nin o parón conseguiron frear Gómez Noya, que se impuxo este sábado en Abu Dhabi na primeira proba das series mundiais. Trátase do décimo terceiro trunfo do triatleta ferrolán nas series mundiais.

O galego, único quíntuplo campión mundial da historia, dominou a tríatlon desde o inicio e ficou por riba do británico Thomas Bishop e do francés Vincent Luis. Fernando Alarza, afincado en Pontevedra, ficou en cuarto lugar.

A seguinte proba das series mundiais terá lugar o 8 de abril en Gold Coast (Australia).

1. Javier Gómez Noya 1:52:31

2. Thomas Bishop (GBR) a 0:14

3. Vincent Luis (FRA) a 0:37

4. Fernando Alarza (ESP) a 0:47

5. Richard Murray (RSA) a 0:54

6. Joao Pereira (POR) a 1:07

7. Gregory Billington (USA) a 1:29

8. Mario Mola (ESP) a 1:35

9. Andrea Salvisberg (SUI) a 1:49

10. Henri Schoeman (RSA) a 2:04

Comentarios