luns 06.04.2020

Gómez Noya e Cal apadriñarán os premios da XXI Gala do Deporte da Universidade de Vigo

A festa do deporte universitario terá lugar o 29 de novembro no Centro Social Novacaixagalicia. Entregaranse os Premio Vida e Premio Acción Solidaria, que se sumarán ao xa habitual Premio á Excelencia Deportiva.
Carlos Pérez Alonso
Carlos Pérez Alonso

Os deportistas galegos de elite Javier Gómez Noya e David Cal participarán na XXI Gala do Deporte que organizará o 29 de novembro a Universidade de Vigo. A festa do deporte universitario quere recoñecer de xeito público o esforzo [email protected] mellores deportistas no ano que agora remata. Este ano hai galardóns novos, como son os Premio Vida e Premio Acción Solidaria, e entregarase o doutros anos á Excelencia Deportiva.

A intención de destacar a traxectoria persoal e deportiva dun deportista na súa madurez é o obxectivo do Premio Vida que, nesta ocasión, entregarase ao olímpico Carlos Pérez Alonso, atleta nado en Vigo en xuño de 1935. Este galardón quere lembrar a "deportividade e entrega absoluta sen compensación económica algunha" deste atleta que foi 46 veces internacional absoluto e campión de España da mesma categoría, ademais de participar nos Xogos Olímpicos de Roma 1960, México 1968 e Munich 1972.

O olímpico Carlos Pérez Alonso levará o Premio Vida

O Premio aos proxectos que sirvan como modelo de boas prácticas na utilización do deporte como vehículo de integración social, o denominado Acción Solidaria, foi este ano para o proxecto elixido foi Discamino, liderado por Javier Pitillas e o mozo xordocego vigués Gerardo Fernández, protagonistas dunha auténtica aventura que os levou a facer o camiño de Santiago pedaleando un triciclo tándem dirixido por Pitillas.

Oito finalistas optarán ao Premio á Excelencia Deportiva que se fallará esa mesma noite.

Gómez Noya e Cal apadriñarán os premios da XXI Gala do Deporte da Universidade de Vigo
comentarios