martes 21.01.2020

Gómez Noya avisa co seu triunfo en París que vai polo ouro nas Olimpiadas de Londres

O triatleta ferrolán venceu na importante proba de 'esprint' da capital gala
Foto: Triatlón Ferrol
Foto: Triatlón Ferrol

Xavier Gómez Noya deixou en París un sinal claro de que conten con el nas Olimpiadas que nunhas semanas terán lugar en Londres. Un aviso de que se atopa en boa forma e disposto a atinxir para Galiza un ouro olímpico. O ferrolán acadou o sáabdo a vitoria na Triatlón de París, unha proba que se disputa na modalide coñecida como 'esprint' (750 metros natación, 20 quilómetros de bicicleta e cinco máis de carreira a pé) , aventaxando na liña de meta en tres segundos ao portugués Joao Pereira.

Alistair Brownlee, triatleta británico que nestas olimpiadas xoga na casa, é o home a batir por Gómez Noya, que nesta edición quere borrar o mal sabor de boca das anteriores (en China), onde quedou cuarto, e fóra do podio, cando [email protected] o daban como ouro seguro.

Gómez Noya avisa co seu triunfo en París que vai polo ouro nas Olimpiadas de Londres
comentarios