TRíATLON

Gómez Noia faise co seu cuarto título europeo

O triatleta galego ampliou a súa nómina de premios após se proclamar campión de Europa, por cuarta vez.

[Imaxe: @_r4fun_] Javier Gómez Noya
photo_camera [Imaxe: @_r4fun_] Javier Gómez Noya

Javier Gómez Noia alzárase co triunfo nos campionatos europeos de tríatlon en distancia olímpica en 2007, 2009 e 2012. Coa vitoria deste sábado en Lisboa, o triatleta galego suma máis un campionato europeo no seu palmarés.

Gómez Noia fixo unha grande exhibición ao longo da proba, que dominou de principio a fin. Así, mantívose á cabeza após a proba de natación, e tamén conseguiu situarse entre os primeiros na carreira ciclista.

O pentacampión do mundo, que en agosto competirá nos Xogos Olímpicos do Brasil, logrou marchar en solitario na carreira a pé e finalizou a proba cun tempo de 1h 49min 30 seg. Sacoulle 39 segundos de vantaxe ao seu inmediato perseguidor, o ruso Dmitry Polyansky, que colgou a prata. O bronce foi para o suízo Andrea Salvisberg.

Comentarios