Un gol en fóra de xogo, chave da derrota dun grande Celta no Bernabéu

O factor arbitral cando visitas un dos grandes opera sempre na túa contra. Esa lei non escrita do futebol derrotou o Celta no Bernabéu. A equipa de Berizzo xogou os 90 minutos de ti a ti contra o vixente campión da Champions.

Celtic
photo_camera Un momento do xogo

Presión alta e bon xogo combinativo. Os sinais de identidade do Celta brillaron na visita ao Bernabéu e puxeron de relevo que esta equipa, mesmo coa ausencia dun futbolista tan determinante como Nolito, continúa a ser moi competitiva. Boas noticias xusto na semana en que se coñeceron os seus emparellamentos na Europe League.

Na primeira metade, a mellor dos celestes, o Real Madrid adiantouse cun gol precedido dun incuestionábel fóra de xogo. A equipa celeste non se descompuxo co tanto madridista e Orellana devolveu a igualdade ao taboleiro de marcas cun grande disparo desde fóra da área.

O tramo final do encontro foi unha ruleta rusa, co partido descontrolado e opcións para os dous bandos. O Celta perdoou unha clarísima contra de tres para un e Kroos non fixo o propio, incrustando un balón desde lonxe no arco de Sergio cun disparo de alta precisión. Aí morreu o partido.

O Celta, en todo caso, ofereceu unha moi boa versión de si proprio e mostrou que o proxecto Berizzo está feito para competir cos grandes.

Real Madrid: Casilla, Carvajal, Sergio Ramos, Varane, Kroos, Bale, Marcelo Casemiro, Modric (James, min.69), Asensio (Lucas Vázquez, min.65) e Morata (Mariano, min.77)

Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja (Sisto, min.85), Wass (Pape, min.76), Pablo Hernández, Orellana, Bongonda e Guidetti (Iago Aspas, min.72)

Goles: 1-0, min.59: Morata; 1-1, min.67: Orellana; 2-1, min.81: Kroos

Árbitro: De Burgos Bengoetxea. Do comité vasco. Cartóns amarelos a Hugo Mallo e Jonny

Campo: Santiago Bernabéu. 

Comentarios