O goberno español baralla impor unha licencia deportiva única para todo o Estado español

Un informe da Comisión pola Reforma das administracións públicas (CORA) prepararía un “ataque” ás actuais competencias deportivas e á autonomía das federacións dos diferentes territorios do Estado, denuncian desde Catalunya.

O goberno de Mariano Rajoy proponse crear unha licencia deportiva única para todo o Estado español, acabando coas actuais autonómicas. Unha medida que suporía un “ataque ás competencias exclusivas” que en materia deportiva teñen territorios como Cataluña (ou Galiza)... denuncian entidades de deporte de base catalás. No informe da Comisión pola reforma das administracións públicas (CORA) do Real Decreto 479/2013. recolleríase esta pretensión de 'uniformizar' en España as licencias deportivas, segundo informa Vilaweb.

Esta medida tamén suporía acabar coa autonomía e supervivencia das federacións deportivas autonómicas. En cada deporte, de se aplicar esta proposta, será a Federación española dese deporte a encargada de tramitar a licencia deportiva única.

Comentarios