Galiza xogará polo terceiro posto no feminino de seleccións de Rugby

Gañou o primeiro partido contra Andalucía por 39-0 mais perdeu contra Catalunya por 15-5. O partido de mañá será ás 11:45 h.

A nosa selección de Rugby feminino pode mellorar o cuarto posto do ano pasado se mañá gaña a Euskadi no partido polo terceiro posto do Torneo que se celebra en Torrevella (Alacant). Na xornada de hoxe Catalunya e Madrid foron as mellores e xogarán a final. As últimas clasificadas foron Valencia, Andalucía e Castilla y León. Galiza comezou gañando contra Andalucía por un contundente 39-0 mais logo perdeu contra Catalunya por 15-5. As galegas estiveron a un gran nivel mais a superioridade das catalás, que tamén gañaron a Andalucía por 46-0, foi evidente.

Mañá Galiza terá que xogar polo terceiro posto contra a selección de Euskadi a partir das 11:45 horas. Este partido pódese seguir en directo na páxina da FER ou tamén da Federación Valenciana LasTeles.

Comentarios