Galiza xogará a final a catro da UEFA Regions Cup

O combinado dirixido por Iván Cancela deu mostra no encontro, que tivo lugar no campo principal da Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), da competitividade e a intensidade do xogo que o caracteriza, superando Euskadi por 3-2.

RFGF
photo_camera O combinado galego, celebrando a vitoria ante Euskadi (Foto: RFGF).

A selección galega de fútbol logrou a clasificación para disputar a final a catro da UEFA Regions Cup após superar a de Euskadi (3-2) no último partido da fase intermedia da competición.

O combinado dirixido por Iván Cancela deu mostra no encontro, que tivo lugar no campo principal da Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), da competitividade e a intensidade do xogo que o caracteriza, adiantándose no minuto 15 de partido.

Os goles de Adri Castro -por partida dupla- e Iker Hurtado fan posíbel que a selección galega compita durante a Semana Santa contra as de Andalucía, Estremadura e Baleares nunha final a catro da que o gañador recibirá como recompensa a clasificación para a fase final europea.

Comentarios