Galiza xa ten medalla olímpica!

Prata para Gómez Noya que consegue a primeira medalla para Galiza nestes xogos olímpicos de Londres 2012. Foi na competición de Triatlon masculino que rematou hai uns minutos. O galego acabou só once segundos por detrás do ouro.
Gómez Noya en Londres 2012

A proba de Triatlon foi a primeira en dar unha alegría ao deporte olímpico galego. Javier Gómez Noya xa ten a medalla olímpica que lle faltaba ao seu impresionante palmarés. Nunha proba con suspense tivo que loitar contra Jonathan e Alistair Bronwlee que participaban na casa e diante do seu público. Ao remate levou a medalla de ouro Alistair Bronwlee, segundo coa prata foi Javier Gómez Noya e terceiro Jonathan Bronwlee.

Numerosas bandeiras galegas animaron a participación do galego ao longo de toda a competición burlando a prohibición da organización dos Xogos Olímpicos sobre as nacións sen estado propio.

Un premio máis da súa carreira
O galego conseguira xa ser campión do mundo de Triatlon 2008 e 2010, Campión de Europa 2007, 2009 e 2012, Campión do Mundo Sub 23, gañador de 12 Copas do Mundo de Triatlon, 4º clasificado en Pekin 2008, Subcampión do Mundo 2007 e 2009 e 5 podium consecutivos nos campionatos do mundo, entre outras vitorias deportivas.

(Máis información en breve)

Comentarios