Galiza vence con Gómez Noya e Iván Raña

Ambos os dous atletas conseguiron a vitoria no mundial de Chicago e no Ironman de Austria situando, máis unha vez, o deporta galego na elite internacional. 

Iván Raña e Gómez Noya
photo_camera Iván Raña e Gómez Noya

Javier Gómez Noya e Iván Raña volveron pór a Galiza no pódium mundial de atletismo. Os dous deportistas triunfaron nesta fin de semana en cadansúa competición e situaron o deporte galego entre a elite mundial. 

Raña fíxoo en Australia nunha das probas deportivas máis complexas: o Ironman. Unha modalidade de triatlon que comprende longas distancias nas tres disciplinas que o compoñen. 3,8 km. de natación, 180 km. de ciclismo e 42,195km. de carreira a pé que o atleta de Ordes rematou en menos de 8 horas (7:48:43) conseguindo unha importante vantaxe a respeito dos seus dous principais competidores o alemán Christian Kramer e o esloveno David Plese. 

Pola súa banda, Javier Gómez Noya, recolleu a súa cuarta vitoria --nos últimos cinco mundiais de triatlón-- este domingo en Chicago. O ferrolán conseguiu recuperarse após unha lesión que o mantivo sen correr durante os últimos dez días e amosou que continúa a ser un dos mellores deportistas do mundo. 

Así o demostrou na propia competición onde volveu a amosar que o seu punto forte é a carreira e, como aconteceu noutras ocasións, o sping final. Así superou aos dous triatletas que lideraban a carreira a escasos 3,5 km. da meta. Mario Mola e o portugués João Pereira ficaron sobrepasados por Gómez Noya na recta final nunha competición na que os irmáns Brownlee --os principais nomes do triatlón mundial xunto co de Ferrol-- non se presentaban. 

Comentarios