Galiza nos Xogos Paralímpicos

14 deportistas, máis dúas como persoal de apoio, conforman a delegación galega nos Xogos Paralímpicos de Toquio, mais detrás hai unha longa historia que se remonte até o ano 1960

Desi Vila ten a marca mínima 'B' en salto de lonxitude. (Foto: Desi Vila)
photo_camera Desi Vila é unha das representantes galegas nos Paralímpicos de Toquio. (Foto: Desi Vila)

As Olimpíadas foron adaptándose aos tempos, como se pode percibir no incremento de disciplinas nas que se compite, mais tamén no reflexo dunha sociedade cada vez máis inclusiva que aflorou coa creación dos Xogos Paralímpicos (1960), protagonizados por deportistas con algún tipo de diversidade funcionalJacobo Garrido

A través desta competición preténdese que as persoas con capacidades diferentes non sexan excluídas con respecto ás súas posibilidades como deportistas, así como transmitir ao mundo unha filosofía inclusiva co fin de que obteñan o mesmo recoñecemento que os participantes nos Xogos Olímpicos convencionais, razón pola cal desde 1988 se disputan na mesma sede. 

Nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 un total de 16 deportistas galegos (14+2 de apoio) compitenpor un posto no podio. Adi Iglesias, Gustavo Nieves, Desirée Vila e Celso Comesaña en atletismo; Susana Rodríguez -que dobrará proba en atletismo e tríatlon-; Gustavo Rodríguez, como guía; María Victoria Alonso, Agustín Alejos, Manuel Enrique Lorenzo e David Mouriz en baloncesto en cadeira de rodas; Alejandro Vidal en taekwondo; Martín de la Puente en tenis; Juan Antonio Saavedra en tiro; Jacobo Garrido e Chano Rodríguez en natación conforman a delegación galega, estabelecendo este último un récord na competición, pois aos seus 64 anos foi o deportista máis veterano dos Xogos Paralímpicos.

Comentarios