Unhas seleccións galegas invictas desputarán a final do Euro2018 de fútbol gaélico

As seleccións feminina e masculina clasificáronse este sábado para a final tras superar os seus respectivos compromisos e sen sufrir ningunha derrota. 

38903782_851684898354483_7987964186384662528_n
photo_camera Imaxe: Seleccón galega de fútbol gaélico

As seleccións nacionais masculina e feminina de fútbol gaélico vixaban con gañas e confianza a Bretaña para destupar o Euro2018. "Imos a por todas" confesaba Pablo, un dos adestradores do combinado feminino, e así está a ser: Galiza vai desputar este domingo a final deste campionato europeo de fútbol gaélico, tanto na categoría masculina como na feminina.

A final masculina será ás 13:00 horas e a feminina ás 15:00 horas. O rival en ambos os dous casos, Francia

As irmandiñas derrotaron tres seleccións, a bretoa, a alemá e a francesa. Esta última era a gran rival a bater, a favorita a priori para meter no peto esta competición; mais as galegas derrotáronas cun claro 18-7. Fronte a Alemaña a vitoria foi máis contundente e ampla (33-2) e as galegas tamén derrotaron as anfitrioas, Bretaña, desta vez por 26-5. Uns resultados que certifican o alto nivel que en apenas oito anos acada Galiza nesta disciplina deportiva. As rapazas da selección nacional rematan esta fase primeiras de grupo, por diante do resto de competidoras.

A selección masculina, de por parte, impúxose as da Gascuña, Francia, Alemaña e empatou coa de Bretaña. Catro encontros nun día que deixan un balanzo de tres vitorias un empate os galegos. Unha folla intachábel que permite á selección pasar á final, tamén como primeiros de grupo.

O rival a bater na final, tanto para eles como elas, será Francia, a quen todos sinalaban antes do inicio do torneo como a gran favorita. 

As seleccións galegas viaxaron cunha lista de 14 persoas convocadas por equipo. As listas son as seguintes:

Feminino

Leti (Fillas), Lucia (Estrela Vermella), Ánxela (Estrela Vermelha), Paula (Fillas), Lore (Herdeiras de Dhais), Sonia (Fillas), Laura (Fillas), Carme (Pontevedra), Alba (Auriense), Mery (Fillas), Naza (Herdeiras de Dhais), Laura Nercellas (Herdeiras de Dhais), Uxía (Estrela Vermelha) e Vane (Estrela Vermelha).

Masculino

Mancu (Irmandinhos), Julián (Fillos), Brais (Estrela Vermelha), Jacobo (Auriense), Juve (Irmandinhos), Bermejo (Estrela Vermelha), Kanario (Irmandinhos), Panzu (Irmandinhos), Santalla (Herdeiros de Dhais), Álex (Estrela Vermelha), Adriano (Estrela Vermelha), Couso (Estrela Vermelha), Leborán (Estrela Vermelha), e Víctor (Fillos).

Comentarios