Galiza gaña o Torneo IV Nacións en Lleida

A selección galega feminina de Balonmán foi a mellor no torneo que se celebrou en Agramunt, Lleida. As galegas gañaron a final diante de Gran Bretaña por 29-28 e os premios individuais.
Selección Galega balonmán feminino
photo_camera Selección Galega balonmán feminino

A selección galega feminina proclamouse campioa do Torneo Internacional IV Nacións de Seleccións Territoriais Senior Feminina o 10 de xuño tras superar na final a Gran Bretaña (29-28). Ademais as galegas tamén se levaron os premios individuais: Alba Araujo foi elixida mellor porteira e Estela Doiro, a mellor xogadora.
A actuación da selección galega, dirixida por Abel Estévez, neste torneo rozou a perfección. Nas semifinais deixaron atrás a Euskadi, e na final veuse as caras con Gran Bretaña. Foi un partido duro, cheo de alternativas no marcador, con escasas diferenzas a favor dun ou doutro equipo. Galiza chegou en vantaxe ao último minuto, pero ás británicas tiveron a última posesión para logralo empate. No lanzamento parou a portera galega e na posterior falta, non foron quen de aproveitala.

Estela Doiro foi elixida como a mellor xogadora do torneo, mentres que Alba Araujo foi a mellor porteira do campionato

Ademais do triunfo individual, Galiza tamén levou os premios a nivel individual, o que ven a amosar a xustiza do resultado final. Estela Doiro foi elixida como a mellor xogadora do torneo, mentres que Alba Araujo foi a mellor porteira do campionato.
As goleadoras galegas foron: Lorena (2), Bibi (2), Estela Doiro (11), Anita (3), Alba (6), Alicia (2), Erika (2) e Paula (1). Ao descanso, empate no marcador (15-15).

Revalida título
Desta forma, Galiza revalida o título acadado o pasado ano no Torneo celebrado en Euskadi, coa participación de Galiza, Euskadi e Catalunya.
Novamente o balonmán galego feminino amosa o seu bo momento, xa que este ano o Balonmán Porriño logrou a permanencia na máxima categoría sen excesivos problemas e ademais o Atlético Guardés logrou o ascenso á máxima categoría, polo que na vindeira tempada teremos a dous equipos na División de Honra Feminina.

(Imaxe: Federación galega de Balonmán)

Comentarios