Galiza enteira clama contra as arbitraxes

Xogadores, técnicos e afección de Celta, Dépor e Lugo denuncian "persecución",
LEGANES, SPAIN - DECEMBER 08: Sanchez Martinez, referee of the match  consulting the VAR during La Liga football match,  played between Leganes and Celta de Vigo at Butarque stadium on December 08, 2019 in Leganes, Madrid, Spain.
ONLY FOR USE IN SPAIN

LEGANES, SPAIN - DECEMBER 08: Sanchez Martinez, referee of the match  consulting the VAR during La Liga football match,  played between Leganes and Celta de Vigo at Butarque stadium on December 08, 2019 in Leganes, Madrid, Spain.
  (Foto de ARCHIVO)

12/8/2019 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera O Celta de Vigo está sendo un dos conxuntos da Primeira Divisón máis prexudicados polas decisións arbitrais. (Foto: Europa Press).

Anos 80. Noite tras noite, a partir da hora meiga, un señor cuns niveis de cabreo inversamente proporcionais ao seu tamaño atizaba inmisericordemente ao estamento arbitral desde as ondas da desaparecida Antena 3 de Radio.

García, coa súa aceda dialéctica, destruía a imaxe pública dos Sánchez Arminio, Ramos Marcos, Guruceta ou García de Loza. Acusábaos de "corruptos", "inútiles" e de presentar "o peor nivel de toda Europa", entre outras lindezas. 

Defendíanse estes alegando a necesidade dunha medida que solucionaría todos os males: a "profesionalización". Por aquel entón, os árbitros de Primeira e Segunda División eran, ademais, carteiros, empregados de banca ou corredores de seguros. A dedicación exclusiva convertíase así en fórmula de incorruptibilidade e solución dos erros presentes e futuros. 

Co paso do tempo implantouse esa profesionalización, e hoxe os árbitros da Primeira División son os mellores pagados do mundo, percibindo 4.000 euros por partido, un total de 296.000 ao ano, case catro veces máis salario que o presidente do Goberno español. Os colexiados da Segunda División tampouco están mal remunerados, pois cobran 1.700 euros por encontro pitado. 

Porén, ese crecemento no seu status non foi acorde ao seu rendemento, que segue a ser moi cuestionábel, e mesmo levou acompañado un incremento do tradicional hermetismo que sempre rodeou os árbitros, transmitindo sensación de impunidade e unha aura de soberbia que hai tempo veñen denunciando distintos equipos e afeccionados. 

Os galegos din “basta”

Celta, Deportivo e Lugo, os representantes galegos en Primeira e Segunda, teñen en común que nas últimas semanas veñen padecendo, de forma recorrente, erros arbitrais que se traducen en perda de puntos, de xogadores e incluso sancións económicas. Os afeccionados nas redes incluso falan dunha "persecuión".

A parroquia celeste critica, a maiores, que todo iso vén con rexouba. Após o encontro contra o Real Madrid no Bernabéu, no que unha dura entrada de Bale sobre Rafinha non foi castigada con cartón vermello, a pesar de ser revisada por un VAR a cargo de Munuera Montero, a Federación designou a este último como colexiado -reprobado publicamente polo clube no pasado- para o Celta-Leganés do pasado sábado. 

E pasou o que tiña que pasar. Volveu ser o centro da polémica tras expulsar Bradaric no minuto 22, estabelecendo un agravio comparativo co acontecido ante o Madrid a semana anterior.

Non están moito máis contento cos colexiados na Coruña. Este domingo padeceron unha expulsión máis que rigorosa do xaponés Gaku Shibasaki, tan só sete días despois da de Vicente por dicir ao árbitro "hoxe non estiveches ben, non te podo felicitar. Mal, hoxe moi mal", sanción recorrida polo clube ante o Comité de Competición e posteriormente refrendada. 

O adestrador dos coruñeses, Fernando Vázquez, chegou a declarar que xa non se sabe "cando é cartón amarelo, nin por que naceu, nin para que".

Pola súa banda, o Club Deportivo Lugo logrou o pasado domingo unha traballada vitoria (1-0) ante un rival directo, o Real Oviedo. Non obstante, o técnico albivermello, Curro Torres, criticou en sala de prensa un gol inxustamente anulado a Manu Barreiro a dous minutos do final. "A min que me expliquen a decisión. O VAR pode axudar, pero está xerando confusión, non consigo entendelo", afirmou.

Comentarios