Galiza contará con seis corredoras no Europeo de Ciclocrós

As deportistas do país brillarán nos Países Baixos 
Paula Díaz continúa impoñendo a súa lei na Copa Galiza. (Foto: FGC).
photo_camera Paula Díaz continúa impoñendo a súa lei na Copa Galiza. (Foto: FGC).

O ciclocrós galego continúa medrando, e o seu último logro, tal e como vén de anunciar a Federación Galega de Ciclismo (FGC) durante a xornada desta terza feira, foi a convocatoria de até seis corredoras do país para ser da partida no Campionato de Europa da modalidade, que se desenvolverá na provincia neerlandesa de Drenthe, nos Países Baixos

As deportistas convocadas foron as Júnior Laura Mira (Supermercados Froiz) e Uxía Soto (Supermercados Froiz); o tamén Júnior Ricardo Buba (Coruxo); as Sub-23 Carla Fernández (Team Farto-BTC) e Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz); e o Élite Iván Feijoo (BH Templo Cafés)

Paula Díaz domina a Copa Galiza

A sexta xornada da Copa Galiza de Ciclocrós non deixou grandes sorpresas, pero si a reafirmación do dominio de varias das líderes nas súas respectivas categorías, en especial o de Paula Díaz (Río Miera-Cantabria Deporte).

A corredora asturiana da modalidade Élite Sub-23 conseguiu gañar dúas carreiras en apenas 24 horas, primeiro en Cambre e logo no Ciclocross Cidade de Ferrol.

Nesta última, Díaz impúxose no evento estrela do programa feminino por 27 segundos de vantaxe respecto á Sub-23 Lydia Pinto (Nesta), fechando unha cabeza de carreira exclusivamente integrada por corredoras de Asturias Cristina Morán (Villaviciosa), que concluíu terceira.

A primeira competidora galega foi Irene Trabazo (XSM Santomé), cuarta na táboa absoluta, precedendo en 14 segundos á gañadora na categoría Junior, Laura Mira (Supermercados Froiz), quen adiantou na meta á súa compañeira Uxía Soto e a María Jesús Barros (Spol).

Entre os homes tampouco se produciron grandes sorpresas en Ferrol, pois na proba Élite Sub-23 o triunfo foi para o ponteareán Miguel Rodríguez, logo de ocupar o segundo posto un día antes en Cambre por detrás de Iván Feijoo (Burgos BH), líder absoluto da competición.

O ciclista do Supermercados Froiz aproveitou a ausencia na Cidade Departamental do alaricano para volver subir ao máis alto do caixón, tras preceder en máis dun minuto Samuel González (Máis Que Bicis) e o líder Élite, Rubén Deaño (Ourense Termal), que foi terceiro. 

Comentarios