Galiza conquista dúas pratas e un bronce nun estatal de traiñeiriñas dominado polos vascos

As embarcacións vascas impuxéronse nas tres categorías. Cabo de Cruz e Ribeira lograron os mellores postos galegos, segundos en absoluto masculino e feminina, respectivamente.

samertolameu traiñeiriñas
photo_camera Rmeiras de Samertolameu festexando a medalla de bronce: Imaxe: SD Samertolameu

Meira (Moaña) acolleu esta fin de semana o Campionato de España de Traiñeiriñas, unha cita na que tomaron parte 24 embarcacións de Galiza, Euskadi, Cantabria e Asturies en tres categorías diferentes: absoluta feminina e absoluto e xuvenil masculino. Foi un campionato de  claro dominio vasco. As traiñeiriñas de Euskal Herria impuxéronse nas tres categorías e nalgunha delas (Xuvenil masculino) coparon as tres prazas do podio. Galiza só puido conquistar tres medallas: 2 de pratas e 1 de bronce.

En Absoluto masculino a vitoria foi para Ziérbana, que marcou un tempo de 13:22, sacando seis segundos de vantaxe a Cabo de Cruz, segunda; sendo Bermeo terceira, Tirán cuarta e fechando a clasificación Meira. Na Absoluta feminina foron as remeiras de Koxtape quen conquistaron o ouro, marcando 15:51. Ribeira logrou a prata e Samertolameu de Meira o bronce. Mecos foi cuarta e Chapela, quinta.

Por último, en Xuvenil as tres traiñeiriñas vascas coparon os tres primeiros postos: Kaiku (ouro), Koxtape (prata) e San Nicolás (bronce). Rianxo foi cuarta, a 18 segundos dos vencedores. A Cabana entrou en quinto posto.

Comentarios