Galiza acollerá en xullo o Campionato europeo de seleccións de fútbol gaélico

Será en Pontevedra e nela a ‘Irmandiña’ feminina defenderá o título conquistado en Bretaña e a masculina aspirar a todo.

gaélico

Pontevedra acollerá este verán o Campionato  europeo de seleccións de fútbol gaélico, unha cita que decorrerá do 17 a 19 de xullo e no que se enfrontarán diversos equipos nacionais, entre eles, a anfitrioa, Galiza.

A Asociación galega de fútbol gaélico indica que “este evento suporá o seguinte gran evento dentro do fútbol gaélico europeo, logo da celebración do Mundial 2019 en Irlanda, o cal supón un reto maiúsculo que viría a afianzar a nosa posición coma unha das potencias europeas de fútbol gaélico. Albergando a edición 2020 do Campionato Europeo, a nosa Asociación pretende continuar a senda da expansión do fútbol gaélico na nosa Terra”.

Na Euro2018, que se disputou en Bretaña, A selección feminina proclamouse campioa após se impoñer na final a Francia. A selección masculina perdeu na final contra Francia (15-10).

Comentarios