Galiza acollerá en 2021 o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras

Inclúe unha combinación de ciclismo, 'trekking', kayak e barranquismo que se vencellará a distintos tramos do Camiño de Santiago. 
Persoa en kayak.
photo_camera Persoa en kayak.

A Galiza será sede en 2021 do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras. Así o anunciou hoxe a Xunta, argumentando que o evento servirá para potenciar o país como destino turístico no ano Xacobeo.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo nos últimos días unha reunión co organizador do evento, José Manuel Rodríguez, e co director da carreira, Pablo López.

A proba consistirá nunha combinación de ciclismo, 'trekking', kayak e barranquismo, ao longo de 600 quilómetros por todo o territorio do país.

O campionato inclúe treitos por rutas xacobeas como o Camiño Francés, o do Norte, o Primitivo o o de Inverno; ademais de ter como escenario varios espazos singulares, como as Fragas do Eume ou a Ribeira Sacra.

La Administración destaca, na súa liña de empregar o Xacobeo como buque insignia das políticas en materia turística (ás que se subordinan as culturais) de 2021, que esta proba supón unha oportunidade para dar a coñecer a nivel internacional "dous dos elementos" fundamentais do turismo galego: o Camiño de Santiago e o patrimonio natural.

Comentarios