O galego Charlie Patiño ameaza con revolucionar a mellor liga do mundo

O centrocampista debutou co Arsenal, e marcando, con só 18 anos.
Arteta, técnico 'Gunner', felicita Patiño despois da súa gran actuación. (Foto. Arsenal).
photo_camera Arteta, técnico 'Gunner', felicita Patiño despois da súa gran actuación. (Foto. Arsenal).

Non é a inglesa unha liga onde, historicamente, brillase o talento galego, pois alí fracasaron futbolistas do nivel de Iago Aspas, Lucas Pérez ou Borja Oubiña.

Esa tónica podería rachar definitivamente da man de Charlie Patiño, que aos seus 18 anos vén de protagonizar un resplandecente debut nin máis nin menos que co Arsenal, contribuíndo cun soberbio tanto á clasificación dos Gunners para as semifinais da EFL Cup.

Fillo de galegos, aínda que nado en Inglaterra, Patiño desenvólvese como centrocampista ofensivo.

O seu técnico, Mikel Arteta, decidiu que Charlie ingresase no terreo de xogo no minuto 80, e abofé que aproveitou a oportunidade, definindo con tranquilidade de veterano un bo pase de Nicolas Pépé.

Internacional nas categorías inferiores dos 'Pross' 

Fillo de galegos, aínda que nado en Inglaterra, Patiño desenvólvese como centrocampista ofensivo.

Tanto pola súa técnica como por ser zurdo resultan inevitábeis as comparacións con Fran, aínda que a prensa británica usa como espello un nome máis contemporáneo, o do talentoso futbolista do City Phil Foden.

No país inglés xa militou en todas as categorías inferiores dos pross, mais iso non o obriga a defender as cores da selección inglesa absoluta.

Comentarios