Tres galegas proclámanse campioas da primeira Copa do Mundo de fútbol praia

Sara Tui, Andrea Mirón e Carol González levantaron o título do mundial celebrado en Doha, Qatar, logo de derrotar na final á selección da Gran Bretaña por tres goles a dous. 

galegas fútbol praia
photo_camera [Imaxe: RFEF] Carol González, Sara Tui e Andrea Mirón festexan o título coa bandeira galega

As galegas Sara Tui, Andrea Mirón e Carol González proclamáronse vencedoras na primeira Copa do Mundo de Fútbol Praia da historia, que se celebrou na localidade qatarí de Doha. 

Nun campionato no que a selección española foi a gran dominadora, na final enfrontáronse contra Gran Bretaña, nun encontro que comezou con gol da inglesa Molly Clark, axiña contrarrestado por dous tantos de Lorena Asensio e un de Carmen Fresneda.

A reacción británica traducíuse nun tardío tanto de Rebecca Barron, cun tiro afastado que puxo picante aos minutos fináis, pero nunca se deu a sensación de que puidesen dar volta ao definitivo marcador de 3-2 na Katara Beach de Doha, Qatar.

Comentarios