A galega Tania Rodríguez fai historia no balonmán

A do Porriño formou parte da primeira parella arbitral exclusivamente feminina na Liga Asobal.
Tania Rodríguez formou parte da primeira parella de árbitras. (Foto: Asobal).
photo_camera Tania Rodríguez formou parte da primeira parella de árbitras. (Foto: Asobal).

A muller volveu derrubar outro teito de cristal no mundo do deporte, e esta vez a protagonista foi unha galega.

Tania Rodríguez, xunto coa súa compañeira Lorena García, xa forma parte da historia do balonmán estatal ao conformar a primeira parella arbitral exclusivamente feminina de todos os tempos.

A de Porriño explica que recibiu a noticia da súa designación vía Whatsapp e que quedou "en shock".

"Non o cría, porque levaba loitando e soñando moito tempo por este momento", explica.

"O feito de que se fixese realidade é unha noticia que sempre queres que chegue, pero cando chega non a esperas", engade.

O fito tivo lugar no Palau Blaugrana, onde o Barcelona derrotou Bada Huesca por 39-19 nun choque onde o resultado era o de menos.

O importante "é que as mulleres sigamos avanzando", di Rodríguez. 

Comentarios