A muller volveu derrubar outro teito de cristal no mundo do deporte, e esta vez a protagonista foi unha galega.
Tania Rodríguez, xunto coa súa compañeira Lorena García, xa forma parte da historia do balonmán estatal ao conformar a primeira parella arbitral exclusivamente feminina de todos os tempos.
A de Porriño explica que recibiu a noticia da súa designación vía Whatsapp e que quedou "en shock".
"Non o cría, porque levaba loitando e soñando moito tempo por este momento", explica.
"O feito de que se fixese realidade é unha noticia que sempre queres que chegue, pero cando chega non a esperas", engade.
O fito tivo lugar no Palau Blaugrana, onde o Barcelona derrotou Bada Huesca por 39-19 nun choque onde o resultado era o de menos.
O importante "é que as mulleres sigamos avanzando", di Rodríguez.