A galega Adiaratou Iglesias, subcampioa dos 100 metros lisos no Mundial Paralímpico

A velocista, afincada en Lugo desde hai cinco anos, cando fuxiu da súa Mali natal pola persecución á que era sometida pola súa condición de albina, logrou un tempo de 11:99 na categoría T12 de discapacitados visuais, e a piques estivo de lograr o ouro, que recaeu na cubana Omara Durand por tan só 33 centésimas.

Adiaratou Iglesias
photo_camera [Imaxe: IAAF] Adiaratou Iglesias

A deportista galega Adiaratou Iglesias é a nova subcampioa mundial dos 100 metros lisos na categoría T12 de discapacitados visuais. A atleta conseguiu a medalla de prata no Mundial de Atletismo adaptado que se celebra na localidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos).

A velocista, afincada en Lugo desde hai cinco anos, cando fuxiu da súa Mali natal pola persecución á que era sometida pola súa condición de albina, logrou un tempo de 11:99, e a piques estivo de lograr o ouro, que recaeu na cubana Omara Durand por tan só 33 centésimas.

Por se non fora bastante fazaña, tamén se clasificou para a final na categoría dos 200 metros lisos, gañando a súa serie con autoridade e rompendo o récord galego ao fixar o cronómetro en 24:58.

Comentarios