Un futbolista do Dépor, entre os detidos nunha trama para arranxar partidos

Fichado no mercado de inverno como central reserva, a súa presenza no xogo do combo coruñés ten sido testemuñal. Íñigo López, cunha experiencia efémera tamén no pasado como celtista (estivo cedido no clube vigués en 2011)figura entre os futbolistas detidos esta terza feira nunha operación contra unha trama que pretensamente se dedicaba a arranxar partidos de Primeira e Segunda División. Tamén foi arrestado Borja Fernández, xogador ourensán ex deportivista (militou na escadra riazoreña na temporada 2011-2013) e que recentemente disputou os seus últimos minutos como profisional, na disciplina do Valladolid.

Lopez
photo_camera López (na imaxe á dereita), no seu primeiro adestramento en Abegondo [Foto: Deportivo]

A rede, de acordo cos dados que manexa a policía, tiña como cerebro o ex futbolista do Real Madrid Raúl Bravo e dela facían parte tamén o presidente do Huesca Agustín Lasaosa e o xefe dos servizos médicos do clube aragonés, Juan Carlos Galindo. Os tres foron detidos.

Completan a nómina de arrestados Carlos Aranda, un trotamundos con currículo en varios combos de elite, e Samuel Saiz Alonso, xogador do Xetafe,

Todos eles son apuntados nos pesquisas policiais como pretensos autores de delitos tales como pertenza a organización criminal, corrupción entre particulares e branqueamento de capitais.

A rede operaba manipulando resultados para obter ingresos coas apostas deportivas, de rápida proliferación nos últimos anos.

Comentarios