Prisión sen fianza para o futbolista Dani Alves por unha presunta agresión sexual

Os feitos sucederon na noite do 30 de decembro na discoteca de Barcelona, onde o futbolista presuntamente agrediu sexualmente unha moza de 23 anos.
O coche da policía que deteu Dani Alves esta sexta feira (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
photo_camera O coche da policía que deteu Dani Alves esta sexta feira (Foto: David Zorrakino / Europa Press).

O Xulgado de Instrución 15 de Barcelona enviou a prisión provisional sen fianza ao ex xogador do Futbol Club Barcelona (FCB) Dani Alves por unha presunta agresión sexual a unha moza na discoteca Sutton de Barcelona, segundo explicaron fontes xurídicas.

Con esta decisión, a xuíza adoptou a medida cautelar que pedira a Fiscalía cando o xogador pasou a disposición xudicial tras declarar na comisaría de Lles Corts dos Mossos d'Esquadra, onde foi detido.

Os feitos sucederon na noite do 30 de decembro na discoteca de Barcelona, onde o futbolista presuntamente agrediu sexualmente a moza de 23 anos.

Dani Alves milita actualmente nas filas do Pumas de la UNAM, clube da primeira división mexicana.

Comentarios