martes 25/01/22

O fútbol galego irmanda con Nunca Máis para deixar fóra de xogo a sentenza da impunidade

Celta, Depor e Lugo xogan este sábado coa mesma camisola, a de Nunca Máis, no partido de Galiza contra a decisión xudicial que deixa sen castigo a catástrofe do Prestige. Balaídos e Riazor, no minuto 10 dos respectivos partidos, berrarán contra a impunidade.

Unha sentenza que deixa sen castigo a maior catástrofe ambiental de Europa merece unha resposta contundente e firme. A todos os niveis e ámbitos. Tamén no deportivo. Por iso este sábado o fútbol galego xoga coa mesma camisola, a de Nunca Máis, na defensa da dignidade deste país.

“Como afeccións, mais sobre todo como pobo, hai que deixar ben claro que esa sentenza é unha vergoña e un insulto”

A plataforma Nunca Máis recolleu e impulsou a iniciativa que xurdiu espontaneamente entre seareiros do Celta, Depor e Lugo e que convidaban ás afeccións a berrar 'Nunca Máis' no minuto 10 dos encontros das súas equipos, así como a acudir os estadios con camisolas e bandeiras de NM. En poucos días, peñas celtistas, deportivistas e do Lugo se sumaban á iniciativa.

18:10 no sur e 18:25 no norte

O primeiro partido é en Balaídos. Ás 18.00 horas comezará o Celta-Almería. Peñas como o Colectivo Nós socializaron entre a afección da armada celeste a iniciativa de berrar Nunca Máis. Axiña outras peñas, desde os Carcamáns da Illa de Arousa a Merlengo de Compostela se sumaron a esta iniciativa, así coma Irmandiños, os Celtarras ou Preferencia Celeste, entre outras.

“Como afección, mais sobre todo como pobo, hai que deixar ben claro que esa sentenza é unha vergoña e un insulto”, salientan desde as fileiras celestes. No estadio vigués será ás 18:10 cando ecoe o 'Nunca Máis'

No que atinxe a Riazor, o partido comezará ás 18:15. Non é un partido calquera por que é un derby galego: Depor e Lugo volven enfrontarse nunha cita que promete porque están no cumio da Segunda división. Aquí será ás 18:25 a cita coas berros de Nunca Máis

Nos días previos ao encontro, xogadores do Depor e do Lugo fixeron fotos con bandeiras de Nunca Máis, dando así o seu apoio a unha iniciativa que está a colleitar un enorme suceso entre os afeccionados deportivistas e lucenses.

 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O fútbol galego irmanda con Nunca Máis para deixar fóra de xogo a sentenza da impunidade
comentarios