domingo 20/09/20

O fútbol gaélico regresa de forma virtual

O vindeiro día 10 de abril, sexta feira, dará comezo a primeira edición da Copa Galega de Gaélico Virtual, unha competición que pretende que o gaélico galego “non fique parado a pesar do coronavirus”.

Cartel promocional da I Copa Galega de Gaélico Virtual (Foto: Nós Diario).

Até un total de 22 escuadras de todo o país competirán nesta edición inaugural dun torneo onde os goles serán a través dos likes do Facebook.

Nel participarán tanto equipos da Asociación Galega como da Liga Gallaecia, polo que queda un mapa do máis variado: Afiadoras e Auriense (Ourense); Ártabros (Oleiros); Ambilokwoi, Keltoi e Independente (Vigo); Berobreo (Morrazo), Braithreachas e Irmandinhos (A Estrada); Britonia (A Mariña), Cascarilha e Fillos de Breogán (A Coruña); Condado; Dorna (Illa de Arousa); Estrela Vermelha e Estrela Gaels (Compostela); Fusquenlha (Pontedeume); Grovias (Baixo Minho); Herdeirxs de Dhais (Lalín); Torques de Lugoslavia (Lugo) e Turonia (Gondomar).

A competición durará até o vindeiro 26 de Abril, e constará dunha primeira fase eliminatoria onde se enfrontarán os conxuntos entre si, como se dun partido se tratase, e onde o que reciba máis reaccións no Facebook pasará de rolda. Ao seren 22, o torneo comezará con catro encontros de dezaseisavos de final, que se determinarán mañá logo dun sorteo no que se estabelecerán os cruces iniciais.

comentarios