martes 14.07.2020

O fútbol feminino dá un novo paso cara á igualdade

A Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) vén de facer publica a súa folla de ruta para conseguir a “profesionalización” do fútbol feminino, deseñando un roteiro coa finalidade de que a Primeira División adquira esa categoría “canto antes”.

Xogadoras do Deportivo Abanca, celebrando un tanto (Foto: RC Deportivo).

AFE enviou un documento ás diferentes forzas con representación parlamentaria no que se expoñen “as directrices fundamentais para que o fútbol feminino dea un novo e definitivo impulso”, que se mostraron “receptivas”, segundo informou o sindicato.

Trátase de ir destruíndo escenarios de desigualdade en relación a unha actividade que regula relacións laborais especiais, pero non por iso deben quedar fóra do escenario as normas de igualdade”

No documento que elaborou AFE, entre outras cuestións, sublíñanse a liberdade de forma xurídica dos clubes, avais patrimoniais dos responsables dos clubs, plan de viabilidade a tres anos dos clubes, medidas fiscais para o emprego da deportista, plan de igualdade nos clubes, medidas de conciliación e maternidade, etc.

O recoñecemento dos dereitos televisivos, a patrimonialización dos mesmos e os dereitos de imaxe das futbolistas son outros alicerces básicos neste roteiro do sindicato.

comentarios