Fran, o histórico 10 do Depor e icona deportivista: “Estou de acordo coa filosofía do Celta. Debe ser o noso espello”

O ribeirense, o número 10 do mellor Deportivo da Coruña da historia, a lenda da afección branquiazul, cre que o equipo coruñés debe ter un novo rumbo: a canteira. E nesa filosofía, salienta, o Depor debe ter como espello o Celta

Fran, Depor

Francisco González, Fran, icona do Deportivo da Coruña, un dos mellores futbolistas que deu Galiza e un mito para @s seareir@s do club herculino, vén de recoñecer que o equipo coruñés ten que tomar exemplo do eterno rival: o Celta de Vigo.

Segundo declaracións recollidas polo Faro de Vigo, o de Ribeira considera que, en segunda división, o Deportivo ten que cambiar de filosofía e apostar a serio pola canteira. “Estou de acordo coa filosofía que está a levar o Celta. Na Coruña queren darlle unha virada a todo isto, mais hai que ter paciencia porque non é cousa dun día. Vai levar uns anos e o espello está aí, no Celta”.

Aspas, Liverpool, Benfica...

Por outra banda, e unha vez que o Celta fica en primeira, xorden máis e máis ruxes ruxes sobre o destino da Xoia de Moaña, Iago Aspas. Aos ruxes que o situaban no Liverpool engádense agora aqueles que sinalan que está a recibir ofertas doutros clubs, como o Benfica

Comentarios