Formarse, unha opción para o mundo do deporte en tempos da COVID-19

A Federación Galega de Piragüismo, ante a situación de estado de alarma, organiza un Programa de Achega de Coñecementos (PAC) no marco dos programas de sustentabilidade e responsabilidade da institución.

Campionato de piragüismo
photo_camera Imaxe de Arquivo (Federación)

A Federación Galega Piragüismo, ante a situación de estado de alarma, organiza un Programa de Achega de Coñecementos (PAC) no marco dos programas de sustentabilidade e responsabilidade da institución.

Por este motivo o ente federativo púxose en contacto con recoñecidas profesionais doutros deportes e campos diferentes ao deportivo, para que acheguen os seus coñecementos e experiencias persoais.

As sesións serán virtuais, por suposto, e porase en común información que axude ás adestradoras, deportistas e directivas dos clubes, que terán que adaptarse ao cambio que vén.

O programa desenvolverase a través de dez sesións virtuais en directo, distribuídas en dúas semanas, de 30 de Abril a 12 de Maio, onde as comunicacións terán unha duración de 20 ou 30 minutos, e despois destinarán 10 minutos para contestar ás preguntas das asistentes.

Entre os nomes participantes destacan os de Eduardo Covelo, director de canteira do RC Celta ou Carlos Prieto, da Federación Galega de Triatlón.

Comentarios