Fillos de Breogán e Bráithreachas gañan na primeira xornada do campionato de fútbol gaélico

A recén creada Asociación Galega de Fútbol Gaélico comezou o día de Saint Patrick un torneo sete a sete de cinco xornadas. 

Fillos de Breogán e Ártabros
photo_camera Fillos de Breogán e Ártabros

A primeira competición galega de fútbol gaélico comezou o pasado 16 de marzo a véspera do día de Saint Patrick. Na Coruña xogaron Fillos de Breogán con Ártabros de Oleiros un partido moi igualado que rematou co resultado de 15-14. O outro encontro reuniu na Estrada a Irmandinhos contra Bráithreachas, coa vitoria dos segundos por un contundente 20-3.

A seguinte xornada, o 23 de marzo, será na Coruña cos partidos entre Fillos-Irmandinhos e Ártabros-Mecos. A terceira xornada o campionato viaxará á Estrada, cos encontros Irmandinhos-Mecos e Bráithreachas-Fillos. A cuarta trasladarase ao Grove e enfrontará a Mecos-Bráithreachas e Irmandinhos-Ártabros. O último día non ten un lugar definido aínda que e a organización pensa que se realice nalgunha cidade do país. O peche do campionato será cos partidos entre  Ártabros-Bráithreachas e Fillos-Mecos. 

Foto: Kamy Fernández

Comentarios