As Fillas de Breogán proclamáronse por terceiro ano consecutivo campioas de Iberia de fútbol gaélico. Capitaneadas por Laura, elixida mellor xogadora do torneo, as Fillas impuxéronse fronte a unhas Estrela Vermelha que, por vez primeira, chegaron á final. O terceiro posto foi para as Herdeiras de Dhais. A equipa feminina coruñesa suma, deste xeito, 3 ligas, 1 copa e 3 campionatos de Iberia en 3 anos que, xunto ao subcampionato europeo.
Pola súa banda, o Campionato Ibérico na súa modalidade masculina viaxará, por quinto ano consecutivo, a Madrid, que suma xa 9 títulos. Os Harps derrotaron na final o compostelán Estrela Vermelha .Os Irmandinhos acabaron terceiros.
O Campionato Ibérico supón o punto e final á temporada 2017-2018 de fútbol gaélico