Fillas de Breogán, campioas da Liga Galega feminina de fútbol gaélico

As coruñesas gañan o título a falla de tres partidos para rematar a competición. Non cederon ningún punto en todos os encontros da liga desputados.

fillas de breogán fúbol gaélico
photo_camera Imaxe: Fillas de Breogán

Fillas de Breogán conquistou a III Liga galega feminina de fútbol gaélico, título que levanta a falla de tres xornadas para que finalice a competición. A vitoria esta fin de semana sobre o Estrela Vermelha permitiu ás coruñesas lograr esta Liga. As Fillas chegaban a Compostela sabendo que as súas rivais e inmediatas perseguidoras, Irmandinhas da Estrada, perderan o seu partido. Tiñan, logo, a Liga a man. Non se deixaron levar polo nerviosismo e no minuto un xa gañaba por un 0 a 8.

Fillas non cederon ningún punto en todos os partidos de liga. Con esta Liga conquistan o seu terceiro título desta tempada tras gañar a Europea Champions Leage e a Copa AGFG(Asociación Galega de Fútbol Gaélico).

A táboa fica así, nesta nornada número 14, coas Fillas no máis alto (22 puntos e xa gañadoras), seguidas das Irmandinmhas (16 ptos) e Estrela Vermelha (129. Pontevedra, con 10 puntos, é cuarta; Braithreachas tamén ten 10; Auriense, 8; Mecas FG, 6, e Ártabras Oleiros.

Masculino

No que atinxe ás categorías masculinas da Liga Galega, na D1 Estrela Vermelha vai de líder, con 12 puntos, seguido de Irmandinhos, Fillos de Breogán, Mecos e Pontevedra. Na D2 vai en cabeza Ártabros Oleiros (12 puntos), e Braithreachas de segundos, con 2 puntos menos. Herdeiros de Dhais son terceiros, Dorna, cuartos; e pechan a táboa Keltoi e Auriense.

Comentarios