xoves 21/01/21

Fillas de Breogán, campioa da Champions Leage de fútbol gaélico

O equipo feminino de fútbol gaélico fíxose coa súa primeira Copa de Europa de fútbol gaélico logo de derrotar o Estrela Vermelha de Compostela por 21-1.

Fillas de Breogán, após gañar a competición
Fillas de Breogán, após gañar a competición

21-1 foi o resultado que lle permitiu a Fillas de Breogán facerse coa súa primeira Champions Leage de fútbol gaélico logo do encontro disputado o sábado en Pontevedra contra o Estrela Vermelha de Compostela.

O equipo, que asinou un torneo perfecto, pisou desde o minuto un do primeiro partido o acelerador para facerse dono de todos e cada un dos encontros desputados. A férrea defensa e a dianteira áxil permitíronlle a Fillas de Breogán destacar nunha competición que rematou con 96 puntos a favor e con 15 en contra.

Fillos de Breogán, pola súa banda, acadou o terceiro posto no torneo masculino, no que se proclamou campión o equipo francés de Tolosa Gaels.

comentarios