A FGB suspende cautelarmente toda a actividade futbolística das categorías inferiores ao non prorrogar a Xunta o seguro deportivo

Os cortes chegan ao fútebol. A tesoura da Xunta tería deixado sen seguro aos rapaces das categorías inferiores, segundo informa a Federación Galega de Fútbol.

Un breve comunicado da Federación Galega de Fútbol, asinado este domingo, dá conta da súa decisión de paralizar cautelarmente non só os partidos, senón até os adestramentos. Unha decisión que afecta a miles de nenos e mozos do país.

A Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender cautelarmente toda a atividade futbolística das categorías inferiores (prebenxamíns, benxamíns, alevín, cadete, infantil), segundo informa nun comunicado de imprensa emitido hoxe, ao non ser prorrogado o seguro XOGADE por parte da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galiza.

A FGB di literalmente que a SXD da Xunta excluíu a "modalidade" fútbol da prórroga do seguro XOGADE.

Comentarios