Fernando Vázquez xa ten o seu media punta: Bryan Rabello, cedido ao Dépor até final de temporada

Ten 19 anos (16 de Maio de 1994), é chileno e esta temporada apenas dispuxo de minutos no Sevilla.

Rabello
photo_camera Bryan Rabello

Non ten gol, no mínimo iso é o que din as súas estatísticas, mais en teoría Bryan Rabello é un veloz futbolista de banda capaz de pór balóns na area, de centrar, con xeito. Xusto aquilo do que carece a equipa.

"É un rapaz cunha proxección extraordinaria", dixo esta sexta feira en conferencia de imprensa Fernando Vázquez, o treinador do Deportivo.

Rabello é a terceira incorporación do Deportivo no mercado de inverno, após a marcha de Culio liberar recursos para fichaxes por valor de arredor de medio millón de euros. Canda el, a equipa coruñesa fíxose con Salomão, que xa foi convocado para o choque deste sábado en Córdoba (18.15 horas, La Sexta), e Toche, o 9 que aínda non está en condicións físicas (apenas fixo a pretempada) para ser da partida.

Rabello provén do Colo Colo chileno e no seu primeiro curso en Sevilla foi aliñado basicamente na equipa B. Dispuña ofertas de clubes españois de Primeira División, e de Alemaña. Priorizou o Deportivo por entender que na Coruña si terá minutos para ensinar todo o que sabe.

Comentarios