Falece o xornalista Manolo Castelo

A voz do 'SúperDépor' narrou máis de 1.000 partidos.
Manolo Castelo foi unha das voces máis recoñecíbeis nos partidos do 'SúperDépor'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Manolo Castelo foi unha das voces máis recoñecíbeis nos partidos do 'SúperDépor'. (Foto: Nós Diario)

A radio coruñesa perdeu todo un referente. O xornalista Manolo Castelo faleceu na noite desta cuarta feira aos 79 anos de idade, segundo vén de informar Radio Coruña-Cadena SER, que se despediu del "con todo o cariño que se lle tiña".

"A súa vida non pode ser contada sen falar da radio, desta radio, e sen o Deportivo", lembraron os seus compañeiros e compañeiras.

Ao longo da súa dilatada traxectoria, Castelo narrou máis de 1.000 partidos do equipo branquiazul, incluíndo os grandes éxitos do 'SúperDépor'.

De feito, o propio Real Club Deportivo, alén de moitos compañeiros de profesión, quixo agradecerlle o seu labor cunha mensaxe publicada nas redes sociais.

"Fuches coa túa voz, cando só a radio estaba xunto aos nosos para contar en directo á nosa forza o que pasaba polo mundo adiante, os ollos de varias xeracións de deportivistas", sinalaron desde o clube.

Comentarios