Falece o fundador do Leite Río Breogán

Loito no baloncesto galego polo pasamento, aos 92 anos de idade, de José Ramón Varela-Portas y Pardo, fundador e primeiro presidente do Leite Río Breogán.
Varela-Portas, nunha homenaxe no Pazo dos Deportes en 2018. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Varela-Portas, nunha homenaxe no Pazo dos Deportes en 2018. (Foto: Nós Diario).

Loito no baloncesto galego polo pasamento, aos 92 anos de idade, de José Ramón Varela-Portas y Pardo, fundador e primeiro presidente do Leite Río Breogán. A noticia foi feita pública  mediante un comunicado do conxunto lucense, que expresou o seu "pesar" pola perda "dunha figura chave" na traxectoria da entidade.

"O nome de José Ramón Varela-Portas estará sempre presente nas liñas máis destacadas na historia do Breogán", indicaron, unha epopeia que comezou en 1966 cando, coa axuda do seu irmán Juan Varela-Portas e outro nutrido grupo de colaboradores, este sindicalista vinculado á Unión Xeral de Traballadores (UXT) e enxeñeiro técnico agrícola de profesión crea en Lugo un equipo de baloncesto que denominaría Clube de Baloncesto Breogán.

Comentarios