Explosión de medallas galegas na Copa do Mundo de Piragüismo

Antía Jácome sumou o seu terceiro metal, obtendo como premio extra o boleto para o próximo Mundial.
A deportista pontevedresa, Antía Jácome (Foto: Antiajacc)
photo_camera A deportista pontevedresa, Antía Jácome (Foto: Antiajacc)

Antía Jácome e María Corbera lograron a medalla de prata na final de C2 500 na Copa do Mundo de Esprinte de Szeged, Hungría.

A parella completou a distancia nun tempo de 2.02.45, ficando só por detrás das chinesas Shixiao Xu e Mengya Sun, quen obtiveron a medalla de ouro cun tempo de 2.01.34. As canadenses Sloan Mackenzie e Katie Vincent quedaron coa medalla de bronce.

Esta é a terceira medalla para Antía Jácome na competición, despois de gañar outras dúas medallas nas probas de C1 e C2 200 metros o día anterior.

Con estes resultados, Jácome asegura a súa participación nas dúas distancias olímpicas de C1 200 e C2 500 no próximo mundial de Duisburg, Alemaña, que terá lugar o próximo mes de agosto, e onde se repartirán as prazas para os Xogos Olímpicos de París 2024.

Ademais, ao longo da tarde de hoxe disputarasne as semifinais da distancia de 500 metros tanto en C2 como K2 masculino e feminino.

Saúl Cravioto xunto a Carlos Arévalo e Marcus Cooper formando parella con Rodrigo Germade tomarán a saída nas series clasificatorias en busca do pase ás semifinais.

Sara Ouzande e Carolina García en K2 e Manuel Fontán xunto a Pablo Graña, que debutará nesta Copa, tamén participan esta tarde en C2.

Ademais, esta mañá tamén competiron nas finais de consolación Pablo Crespo e Pedro Vázquez. Crespo finalizou en oitava posición na Final B de C1 1000 metros, mentres que Vázquez terminou en primeiro lugar da Final C de K1 1000 metros.

Comentarios