Euskadi e Catalunya desafían o liderado do Vigo-Rías Baixas

Partidos chave para o futuro dos conxuntos do país 
Sorpresiva vitoria do Ourense no Paco Paz (Foto: COB Ourense).
photo_camera O conxunto ourensán necesita gañar lonxe do Paco Paz (Foto: COB Ourense).

Dous dos tres representantes galegos na LEB Ouro, Leyma Básquet Coruña e Ibereólica Renovables Ourense, afrontan na sexta feira, 9 de abril, dous compromisos que poderían ser vitais para a futura consecución dos seus obxectivos, o ascenso e a permanencia, respectivamente.

O conxunto ourensán saltará ás 19 horas á pista do carismático Pez Voador, no que xoga os seus partidos o Real Canoe madrileño, cunha soa idea na cabeza, "solucionar os problemas dos últimos partidos", tal e como sinalou o preparador Gonzalo García de Vitoria.

"Esta foi unha semana difícil porque viñamos dunha boa dinámica, con grandes sensacións, e tras dúas derrotas seguidas regresan as dúbidas", engadiu De Vitoria, laiándose polo feito de ter que xogar até tres partidos seguidos a domicilio.

Ademais, o técnico vasco lembrou que "a porcentaxe de vitorias dos equipos visitantes nesta segunda fase está por debaixo de 20%", polo que está seguro de que o choque ante o Real Canoe será "difícil, a pesar de que sexa actualmente o fehacancelas, porque se imos aos fríos datos, eles gañaron 30% dos partidos da casa e nós soamente 10% fóra".

Só vale gañar para o Básquet Coruña

A igualdade tamén é a característica predominante na loita polo ascenso, polo que o Básquet Coruña necesita imperiosamente un triunfo na cancha do Pau Castelló (20 horas) se non quere distanciarse na clasificación de forma case definitiva dun equipo levantino que avantaxa nunha vitoria o coruñés.

Para Sergio García, adestrador laranxa, a chave do éxito ante un rival que ten "moitísimos argumentos" estará en que os seus homes sexan quen "de volver ser un equipo dominador do rebote, para así poder facer o noso xogo".

Comentarios