mércores 23/09/20

A Eurocopa de fútbol, adiada até 2021

O coronavirus provoca o adiamento da Copa de Europa de Nacións, que se tiña previsto disputarse este verán, e por vez primeira non nun só país, senón distribuída en varias localizacións de toda Europa. No Estado español, a única cidade seleccionada era Bilbo.

 

A selección de Dinamarca, levantando a Eurocopa de 1992.
A selección de Dinamarca, levantando a Eurocopa de 1992.

O torneo de fútbol máis importante -con permiso do Mundial- queda adiado até o verán de 2021. A UEFA vén de facer oficial que a Eurocopa de nacións, que tiña previsto desenvolverse este verán, será aprazada.

A decisión foi comunicada ás 55 federacións que participaron nunha xuntanza virtual e na que se determinou que, tanto polo propio torneo, como pola necesidade de dotar de datas para que poidan finalizar campionatos como a Liga ou a Copa de Europa, o mellor era tomar esta decisión.   

comentarios