Estrela Vermelha e Irmandinhos representan Galiza no principal torneo continental de fútbol gaélico

Esta fin de semana desputan en Holanda o European Gaelic Football Championship, os composteláns na máxima categoría (Senior) e as estradenses na ‘intermedite’.

estrela vermelha
photo_camera Estrela Vermelha

Galiza continúa a alargar a súa presenza no mapa do fútbol gaélico internacional,  demostrando que o conseguido ao longo destes anos non é froito da casualidade. Dun deporte descoñecido no noso país a ter ducias de clubs competindo e cada vez máis participantes e afeccionados.

Esta fin de semana dúas equipas galegas, o Estrela Vermelha de Santiago e Irmandinhos da Estrada, van tomar parte en Maastricht (Holanda) no European Gaelic Football Championship, o principal torneo da Europa continental deste deporte. É o torneo internacional máis grande de gaélico con equipas fóra de Irlanda.

Estrela Vermelha vai competir cos seus dous combinados, masculino e feminino, na máxima categoría do torneo (Senior) e Irmandinhos farao na categoría ‘Intermediate’.  

O Estrela feminino está nun grupo coas mellores equipas de Europa: as Belgium GAA de Bruxelas, Holland Ladies e a equipa de París Gaels. O masculino, pola súa banda, medirase co Cumann Warszawa de Varsovia, o Belgium GAA de Bruxelas e o Amsterdam.

Comentarios