O Estrela Vermelha imponse na Copa Galega de fútbol gaélico

A equipa compostelá venceu tanto en categoría masculina como feminina.

estrela vermelha futbol gaélico imaxe de arquivo
photo_camera Imaxe de arquivo

O Estrela Vermelha impúxose por partida dupla esta fin de semana na Copa Galega de fútbol gaélico. Conquistou este título tanto na categoría masculina como na feminina, no torneo que se celebrou en Lalín, no estadio Manuel Anxo Cortizo, organizado pola equipa local, Herdeiros de Dhais.

En categoría feminina,o Estrela Vermelha impúxose na final ás Herdeiras de Dhais, que fican como subcampioas. A terceira praza foi para as Fillas de Breogán (A Coruña) e a cuarta para Auriense.

No que respecta á categoría masculina, os de Estrela Vermelha gañaron na final aos Fillos de Breogán. O terceiro posto foi para os estradenses Irmandinhos –a quen moitos sinalaban como claros favoritos ao título- e Braithreachas foron cuartos.

E o fúbol gaélico non para. O vindeiro 26 de maio a cita é na Coruña coa final do Torneo Ibérico.

Comentarios