Estrela Vermelha, Filhas e Ártabros manteñen lideratos na Liga galega de fútbol gaélico

A liga galega de fútbol gaélico viviu esta fin de semana a súa undécima xornada.

fútbol gaélico dorna ártabros deportes
photo_camera Dorna e Ártabros

Estrela Vermelha na D1 masculina e Ártabros na D2 masculina manteñen liderato nestas categorías da Liga galega de fútbol gaélico após a undécima xornada, disputada a pasada fin de semana. Na liga feminina, as Fillas de Breogán derrotaron as súas competidoras directas, Irmandinhas, e ocupan o primeiro posto.

Na D1 o Estrela Vermelha de Compostela acumula 10 puntos, seguido do Irmandinhos da Estrada (7) e de Fillos de Breogán da Coruña, con 7 puntos tamén. Completan a clasificación nesta categoría Mecos do Grove (2) e o Pontevedra, con cero puntos.

Na D2 o liderato está en mans de Ártabros, con 10 puntos, que esta fin de semana se impuxeron ao Dorna. O segundo posto é para o Braithreachas (8 ptos), seguidos polos arousáns do Dorna (8) e Herdeiros de Dhais (6). Keltoi de Vigo e Auriense completan a táboa, con 4 e 2 puntos. 

Comentarios